PLAN MADRUGA

Publicado: 25 septiembre, 2015 en NOVAS

Estimad@s nais e pais de alumn@s do C.R.A. de Ribadumia,

tras varios meses de duro traballo, organizamos un plan madruga, pensando en resolver un dos que considerabamos que era dos maiores problemas do CRA.

E fixémolo esquivando obstáculos, negociando e petando en portas que, a pesar de que se abriron, ata agora resultaron improductivas, e baseándonos no resultado de varias enquisas e a pre-inscripción realizadas, adicando horas e ilusión a este proxecto.

Por desgraza, finalmente os datos cos que contábamos, que foron a base de tódalas negociacións, e a razón do noso esforzo, non resultaron todo o fiables que esperabamos, e finalmente non chegamos ó mínimo de nen@s para que nos den o servizo nas condicións pactadas.

Tivemos unha reunión de urxencia co Concello, pedindo unha vez máis unha colaboración que non da chegado, á espera pola súa parte de estudar a situación.

Pero non podemos permitirnos esperar outros tres meses para obter unha resposta, polo que, tras retomar conversacións e negociacións nunha mañán de tolos, atopamos unha solución eventual, ata que consigamos estabilizar o proxecto atendendo ás novas circunstancias que nos atopamos a última hora. Un obstáculo máis que esperamos salvar coa vosa colaboración e comprensión.

Decidimos subir a cuota en DOUS EUROS este mes de Outubro, como medida temporal, tras chegar a un novo acordo coa empresa que nos servirá do plan madruga, xa que non nos quedou outra saída que buscar un servizo privado.

Ainda así, esa cuota non chega para cubrir o custo do servizo, polo que a ANPA cubrirá o restante durante este mes, e aportará personal para colaborar co servizo e reducir custes.

Para nos é un gran esforzo, entendede que acabamos de nacer e os fondos son CERO.

Por todo iso, finalmente o Plan Madruga terá un custo, neste primeiro mes, de TRINTA E DOUS EUROS.

Os usuarios do servizo poderán deixar ós nenos na AULA DE RIBADUMIA a partir das OITO.

Mentres, seguiremos na busca dunha mellor solución.

Podedes deixar os vosos comentarios, queixas e suxerencias a continuación. Queremos que participedes e opinedes.

Un saudo a tod@s, e grazas de antemán pola vosa comprensión.

Ramiro Lorenzo Valbuena, presidente da ANPA.

Xuntanza coas nais e pais

Publicado: 10 septiembre, 2015 en NOVAS, Sin categoría

O vindeiro luns, na reunión convocada polo CRA de Ribadumia, repartiremos as solicitudes de inscripción tanto a ANPA coma nas actividades e nos servizos de comedor e plan madruga.
Faremos unha breve exposición da situación destes dous servizos,  explicaremos o funcionamento das actividades e o contido das mesmas, e resolveremos tódalas dúbidas que nos plantexedes.

Non faltedes, vémonos o Luns!!!

Comezo do curso 2015/16

Publicado: 4 septiembre, 2015 en Sin categoría

COMEZO DE CURSO
                            1º DIA DE CLASE

O día 10 de Setembro comeza o novo curso escolar 2015/ 2016 para os vosos fillos e fillas.

Ese día ás 10 da mañá realizaremos unha REUNIÓN para as familias e os alumnos en cada unha das escolas.
A partires dese día tedes nas escolas o horario do período de adaptación para o alumnado de 3 anos. O alumnado de 4 e 5 anos asistirá en horario de 9:00 a 14:00 horas dende o 11 de setembro.

FICHA DE INSCIPCIÓN NO COMEDOR ESCOLAR

Publicado: 26 agosto, 2015 en NOVAS
Etiquetas:

En breves, toda a información relativa ó comedor escolar.

Polo de agora, xa vos podedes descargar a ficha de inscripción para o comedor escolar dende aquí.

Uniforme Escolar

Publicado: 24 agosto, 2015 en Sin categoría

Na ANPA do CRA de Ribadumia pensamos que o uniforme escolar axuda a romper a barreira da desigualdade entre os alumnos do centro.
Por elo, propoñémosvos a seguinte enquisa…

image

Becas de material escolar para E.Infantil E.Primaria e E. Secundaria para o curso 2015/2016

O Concello de Ribadumia convoca Bolsas de material escolar para Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria para o curso 2015/2016. O prazo de presentación de solicitudes remata o día 5 de agosto de 2015 e as solicitudes preséntase ans oficinas municipais en horario de 09:00 a 14:00 horas.

Os interesados en acollerse a este plan de becas para material escolar convocado polo Concello de Ribadumia ten que cumprir os seguintes requisitos:

– Non percibir outras axudas polo mesmo concepto de outros organismos públicos ou privados.
– Estar empadroado no Concello de Ribadumia
– Cursar estudos do segundo ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria ou Educación Secundaria.
– As persoas beneficiarias non poderán superar os seguintes límites de ingresos. Teranse en conta as hipotecas e os alugueres ata un máximo de 350€ mensuais.
Nº DE FAMILIARES     MÁXIMO ANUAL  MÁXIMO SEMESTRE     MÁXIMO MENSUAL
             2                        7.743,60                   3.871,80                    645,30
             3                        9.292,32                   4.646,16                    774,36
             4                      10.841,04                   5.420,52                    903,40
             5                      12.389,76                   6.194,88                 1.032,48
Os interesados terán que entregar a seguinte documentación nas oficinas de Servizos Sociais do Concello en horario de 09:00 a 14:00 horas:
– Solicitudes (se recolle no Concello)
– DNI do solicitante e membros da unidade familiar, Certificado de Convivencia
– Xustificantes de ingresos de xaneiro a xuño do ano en curso e, Copia cotexada das Declaracións do IRPF, do exercicio económico anterior ou Certificacións negativas do IRPF de tódolos convivintes, sexan ou non membros computables.
-De ser o caso, recibo de Aluguer ou Xustificante do pago de emprésito para adquisición de vivenda habitual.
– Certificación bancaria do múmero de conta.
– Declaración das axudas recibidas polos mesmos conceptos.
– Factura do gasto realizado.
O PRAZO REMATA O 5 DE AGOSTO 

FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN NA ANPA

Publicado: 24 julio, 2015 en NOVAS

Xa vos podedes descargar o formulario para solicitar a inscripción na ANPA de cara ó vindeiro curso na sección «DESCARGAS».

Comedor Escolar

Publicado: 24 julio, 2015 en NOVAS

Seguimos avanzando na xestión do comedor.

Tan só restan un par de frecos para facer realidade unha necesidade importante para o C.R.A.

Nas vindeiras semanas contamos con poder confirmar a posta en marcha do servizo e o custe do mesmo.

comedor2

¡Benvidos ó noso Blog!

Publicado: 22 junio, 2015 en Sin categoría

11406984_891207104283903_2897725277204325557_n

Neste blog iremos colgando información, programación, enlaces de interese, arquivos multimedia e calquera outra cousa que nos poida ser de interese.

Dámosvos a tod@s a benvida.